Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.673

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (410/1991).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago contar que neste xulgado se tramita xuízo verbal co nº 410/1991, no que se dictou sentencia, que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela o 26 de setembro de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil verbal seguido neste xulgado co número 410/1991, no que actuaron, como demandante, José Antonio Iglesias Iglesias, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, representado polo procurador dos tribunais Juan José Belmonte Pose e asistido polo letrado Ramón Senín Fernández e, como demandado, Baldomero Sánchez Ramos, respecto do cal se desistiu o procedemento, Francisco Moledo Pérez, maior de idade e en descoñecido paradoiro, declarado en rebeldía, e a aseguradora Unión Iberoamericana, con domicilio na Coruña, representada polo procurador Lisardo Reymóndez, e defendida polo letrado Andrés Magallanes, en reclamación de cantidade por feito da circulación.

Decido que, desestimando a demanda presentada, debo absolver e absolvo os demandados das pretensións contra eles deducidas, con imposición das custas á parte demandante. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación ante a audiencia provincial neste xulgado no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización do recurso formulado conforme dispón o vixente artigo 733 LAC.

Así, por esta miña sentencia, xulgando defintivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa. Asinado ilexible e selado».

Así mesmo, no dito procedemento dictouse resolución con data do 22 de abril do presente ano, que contén o particular literal seguinte: visto o contido da comparecencia que antecede e por presentado dentro do prazo o anterior escrito de formalización do recurso de apelación pola parte demandante, coas súas copias, admítese e déaselle traslado ás demais partes polo prazo común de cinco días, para que aleguen o que consideren conveniente sobre impugnación ou adhesión á apelación, todo iso de conformidade co disposto no artigo 734 da LAC e notifíqueselle ó mesmo tempo a sentencia recaída nos presentes autos e esta resolución ó demandado en ignorado paradoiro por medio de edictos, que se lle entregarán ó procurador demandante co fin de que se encargue do seu dilixenciamento.

E para que así conste e lle sirva de notificación da sentencia e de traslado do recurso de apelación polo prazo de cinco días a Francisco Moledo Pérez, en descoñecido paradoiro e declarado rebelde, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido a presente cédula, que selo e asino en Santiago de Compostela, 22 de abril de 1996.

O secretario

Rubricado

7451