Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.673

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (74/1997).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas 74/1997, sobre ameazas, cítase a Valentín Allo Collazo, en concepto de denunciado, co fin de que o día vinteún de outubro de 1997, ás 11 horas, compareza perante a sala de audiencia número dous, do Xulgado de Instrucción número un, sita na primeira planta do Pazo de Xustiza, rúa Viena, s/n, de Santiago de Compostela, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañado de cantos medios de proba intente valerse, prevíndoo de que, caso de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Valentín Allo Collazo, cos apercibimentos acordados, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela o dez de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7222