Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.672

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO de poxa (28/1996).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira fai saber que, neste xulgado do meu cargo, baixo o número 28/1996, se segue procedemento executoria de faltas, por instancia da Garda Civil de Negreira, contra José Antonio García Alonso, sobre desacato leve, e nos seus autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa valoración, o seguinte ben embargado ó demandado no procedemento, e que ó final do presente edicto se detallará:

Os bens saen á licitación en lotes dun só lote.

A poxa celebrarase o vindeiro día 14 de novembro, ás 12 horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa do Carme nº 3, baixo, de Negreira, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas tereciras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na poxa, deberán consignar previamente os licitadores, polo menos, o 20% do tipo de remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Pastor, nº de conta corrente 100.444 de Negreira, executoria de faltas nº 28/1996, xuízo de faltas 121/1996).

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a terceiro.

4. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado e, xunto co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe descrito no punto nº 2.

5. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda, o vindeiro día 12 de decembro, ás 12 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate, que será do 75% do da primeira; e, caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 19 de xaneiro, tamén ás 12 horas, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ó condenado en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Negreira o once de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa.

Vehículo Renault 5, matrícula C-8059-V, valorado en 75.000 ptas., que se atopa depositado no domicilio do condenado José Antonio García Alonso, sito en Gronzo (Brión).

7196