Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1997, da Delegación provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1997 do convenio colectivo do comercio de mobles da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 1997 do convenio colectivo do comercio de mobles da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 1-8-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresas del Comercio del Mueble e, da parte social, por CC.OO. e UGT o día 6-5-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de agosto de 1997.

Carlos Martul Álvarez de Neyra

Delegado provincial accidental

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo provincial do comercio de mobles da Coruña

-Asistentes:

* Pola parte social:

José Ramón Grela Castro (CC.OO.).

Nieves Montes Patiño (UGT):

* Pola parte empresarial:

Miguel Agromayor Vázquez.

Fernando Fernández Fernández.

Na Coruña o 6 de maio de 1997, ás 16.30 horas, nos locais da parte empresarial reúnense as persoas á marxe relacionadas, integrantes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de comercio de mobles da Coruña, co obxecto de proceder á elaboración das táboas salariais para o ano 1997.

Para tal efecto, as partes acordan:

Primeiro.-Aproba-las táboas salariais para 1997, que son as que figuran no anexo I a esta acta. A dita contía provén de aplicárlle-lo IPC previsto polo Goberno para 1997 ás táboas do ano 1996.

Se máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 17.30 horas do día indicado máis arriba.

Convenio colectivo para as empresas do sector do comercio de mobles da provincia da Coruña 1997

CategoríaMensualCómputo

anual

Grupo primeiro
Persoal técnico titulado:

Titulado de grao superior

119.9781.799.676
Titulado grao medio111.9961.679.942
Axudante técnico sanitario 96.0041.440.058

Grupo segundo
Persoal mercantil non titulado:
Director145.3412.180.117
Xefe de persoal119.9781.799.676
Xefe de compras119.9781.799.676

CategoríaMensualCómputo

anual

Xefe de vendas119.9781.799.676
Encargado xeral119.9781.799.676
Encargado establecemento111.9961.679.942

Persoal mercantil propiamente dito:
Dependente de 25 anos en diante 92.4041.386.054
Corredor de praza 93.2611.398.920
Aprendiz de primeiro ano 62.577 938.651
Aprendiz de segundo ano 65.203 978.050
Aprendiz de terceiro ano 70.0431.050.644
Traballadores menos 18 anos (1º ano) 65.203 978.050
Traballadores menos 18 anos (2º ano) 70.0431.050.644

Grupo terceiro
Persoal administrativo:
Contable111.9961.679.942
Oficial administrativo 95.0431.425.653
Auxiliar administrativo 85.9761.289.636

Grupo cuarto
Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Debuxante111.9961.679.942
Escaparatista 95.6241.434.363
Delineante 91.0881.366.324
Persoal de oficio de primeira 90.9461.364.185
Persoal de oficio de segunda 88.0211.320.323
Axudante 85.9751.289.620
Mozo especializado 85.9751.289.620
Mozo 85.6131.284.203
Chofer (equiparado a ofic. segunda) 86.2581.293.868

Grupo quinto
Persoal subalterno:
Cobrador 92.4041.386.054
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro

e persoal limpeza

79.1701.187.554

7490