Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.658

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1378/1997, do 29 de agosto, sobre ampliación de funcións e servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1283/1987, do 2 de outubro.

Mediante Real decreto 1283/1987, do 2 de outubro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios da Administración do Estado en materia de ensino profesional náutico-pesqueiro.

Na actualidade, procede efectuar unha ampliación das funcións e servicios que foron traspasados no referido real decreto, coas correspondentes á expe

dición de tarxetas de patrón de pesca local, mecánico de litoral, patrón de 2ª clase de pesca litoral, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente.

O Real decreto 581/1982, do 26 de xuño, determina as normas e o procedemento ós que se deberán axusta-los traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias, prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 31 de xullo de 1997 o oportuno acordo, do que a virtualidade práctica esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día vintenove de agosto de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias, prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, adoptado polo pleno con data do 31 de xullo de 1997, polo que se amplían as funcións e servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1283/1987, coas correspondentes á expedición de tarxetas de patrón de pesca local, mecánico de litoral, patrón de 2ª clase de pesca litoral, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente e que se transcribe como anexo do presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia os medios persoais e os créditos orzamentarios correspondentes, nos termos que resultan do propio acordo e das relacións anexas.

Artigo 3º

A ampliación de funcións e servicios a que se refire este real decreto terá efectividade a partir do día sinalado no acordo da comisión mixta, sen prexuízo de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación produza, ata a entrada en vigor deste real decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen, de conformidade coa relación número 2 do anexo, serán dados de baixa nos correspondentes conceptos orzamentarios e transferidos polo Ministerio de Econo

mía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, destinados a financia-lo custo dos servicios asumidos polas comunidades autónomas, unha vez que se remitan ó departamento citado por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, os respectivos certificados de retención do crédito, para dar cumprimento ó disposto na vixente Lei 12/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1997.

Disposición derradeira única

O presente real decreto será publicado asemade no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, e adquirirá vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Palma de Mallorca, vintenove de agosto de mil novecentos noventa e sete.

Mariano Rajoy Brey

Ministro de Administracións Públicas

Xoán Carlos R.

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta de Transferencias, celebrada o 31 de xullo de 1997, se adoptou acordo sobre ampliación das funcións e servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia por Real decreto 1283/1987, do 2 de outubro, en materia de expedición de tarxetas de patrón de pesca local, mecánico de litoral, patrón de 2ª clase de pesca litoral, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente, nos termos que a seguir se expresan:

A) Competencias que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo Real decreto 1283/1987, do 2 de outubro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios da Administración do Estado en materia de ensino profesional náutico-pesqueiro.

Na actualidade, procede efectuar unha ampliación das funcións e servicios que foron traspasados no referido real decreto, coas correspondentes á expedición de tarxetas de patrón de pesca local, mecánico de litoral, patrón de 2ª clase de pesca litoral, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente.

B) Servicios e institucións que se traspasan.

A Comunidade Autónoma de Galicia, para o ámbito do seu territorio, asume as funcións e servicios da Administración do Estado correspondentes á expedición de tarxetas de patrón de pesca local, mecánico de litoral, patrón de 2ª clase de pesca litoral, patrón

local de pesca e patrón costeiro polivalente, así como as validacións que correspondan de acordo coa normativa básica do Estado.

O exercicio destas funcións realizarase de conformidade cos criterios establecidos polo Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exerce-la actividade profesional de patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente.

C) Bens, dereitos e obrigas da Administración do Estado obxecto de traspaso.

Non existen bens, dereitos e obrigas neste traspaso.

D) Persoal adscrito ós servicios e institucións que se traspasan.

1. Os medios persoais obxecto de traspaso referéncianse nominalmente na relación adxunta nº 1, e pasarán a depender da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos legalmente previstos polo Estatuto de autonomía e demais normas en cada caso aplicables e nas mesmas circunstancias que se especifican nos seus expedientes de persoal.

2. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación notificaralles ós interesados o traspaso, así que o Goberno aprobe o presente acordo por real decreto. Así mesmo, remitiráselles ós órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia unha copia certificada de tódolos expedientes deste persoal traspasado, así como dos certificados de haberes referidos ás cantidades devengadas durante 1997.

E) Valoración definitiva das cargas financeiras dos servicios que se traspasan.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1996, corresponde ós medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia elévase a 3.151.134 pesetas.

2. O financiamento, en pesetas de 1997, que corresponde ó custo efectivo anual dos medios que se traspasan detállase na relación número 2.

3. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 2 financiarase do seguinte xeito:

Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o custo financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado dos créditos relativos ós distintos compoñentes do dito custo, polos importes que se determinen, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais de cada lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio, a que se refire o parágrafo anterior, respecto do financiamento dos servicios transferidos serán obxecto de regularización ó peche do exercicio económico, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes perante unha comisión de liquidación, que se constiyuirá no Ministerio de Economía e Facenda.

F) Documentación e expedientes dos servicios que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes dos servicios traspasados realizarase no prazo dun mes desde a entrada en vigor do real decreto polo que se aprobe este acordo, subscribíndose para tal efecto a correspondente acta de entrega e recepción.

G) Data de efectividade dos traspasos.

A ampliación obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 30 de setembro de 1997.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid, o 31 de xullo de 1997.

Os secretarios da comisión mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonse Vaquero Marín.

Relación número 1

Persoal funcionario

Provincia

Posto de traballo e corpo

Nome e apelidos e NRP

Retribucións

básicas

Retribucións

Comp.

Total

Seguridade

Social

A Coruña (sede

Santiago de Compostela).

Auxiliar de oficina N-12, Xeral Auxiliar Administración do Estado.

Auxiliar de oficina N-12, Xeral Auxiliar Administración do Estado.

Ramón Rodríguez Corcobado

3492359613 A1146

María del Carmen Nespereira

3491619713 A1146

1.199.394

1.166.634

497.328

497.328

1.696.722

1.663.962

Total2.366.028994.6563.360.6840

Relación número 2

Custo do traspaso da expedición dos títulos de patrón de pesca local, mecánico de litoral e patrón de 2ª clase de pesca litoral á Comunidade

Autónoma de Galicia

Pesetas

Custos directos

Capítulo I. Gastos de persoal:

Servicio 24. Programa 712H. Artigo 12 1.696.722

Servicio 11. Programa 712H. Artigo 12 1.663.962

Total traspaso 3.360.684

7289