Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.660

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1379/1997, do 29 de agosto, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos.

A Constitución española, no artigo 149.1.16ª reserva ó Estado a competencia exclusiva sobre sanidade exterior, bases e coordinación xeral da sanidade e lexislación sobre productos farmacéuticos.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no artigo 33.2 que corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos.

En consecuencia, procede levar a cabo o traspaso das funcións e servicios en materia de execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos que vén desempeñando o Estado.

O Real decreto 581/1982, do 26 de xullo, determina as normas e o procedemento ó que se deben axusta-los traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no Real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 31 de xullo de 1997 o oportuno acordo, do que a virtualidade práctica esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día vintenove de agosto de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta del Estatuto de autonomía para Galicia, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos, adoptado polo Pleno da dita comisión na súa sesión do día 31 de xullo de 1997, e que se transcribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios así como os créditos orzamentarios que se relacionan no referido acordo da comisión mixta, nos termos alí especificados.

Artigo 3º

O traspaso a que se refire este real decreto terá efectividade a partir da data sinalada no acordo da comisión mixta, sen prexuízo de que o Ministerio de Sanidade e Consumo produza, ata a entrada en vigor deste real decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen, de conformidade coa relación número 1 do anexo serán dados de baixa nos correspondentes conceptos orzamentarios e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, destinados a financia-lo custo dos servicios asumidos polas comunidades autónomas, unha vez que remitan ó departamento citado por parte do Ministerio de Sanidade e Consumo os certificados de retención de crédito, para dar cumprimento ó disposto na vixente Lei 12/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais do Estado para 1997.

Disposición derradeira única

O presente real decreto será publicado asemade no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, e adquirirá vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Palma de Mallorca, vintenove de agosto de mil novecentos noventa e sete,

Mariano Rajoy Brey

Ministro de Aministracións Públicas

Xoán Carlos R.

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta de Transferencias, celebrada o día 31 de xullo de 1997, se adoptou acordo sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios da Administración do Estado en materia de execución da lexislación sobre productos farmacéuticos, nos termos que a seguir se expresan:

A) Referencia a normas constitucionais e estatutarias en que se ampara o traspaso.

A Constitución, no artigo 149.1.16ª reserva ó Estado a competencia exclusiva sobre sanidade exterior, bases e coordinación xeral da sanidade e lexislación sobre productos farmacéuticos.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, no artigo 33, apartado 3, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos.

B) Funcións do Estado que asume a Comunidade Autónoma de Galicia e identificación dos servicios que se traspasan.

A Comunidade Autónoma de Galicia exercerá, dentro do seu ámbito territorial, as funcións de execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéu

ticos nos termos establecidos na Lei 25/1990, do 20 de decembro, do medicamento, e normas de desenvolvemento, e en especial, as seguintes:

1. Autorización das mensaxes publicitarias para difusión limitada á Comunidade Autónoma.

2. Control da promoción dirixida a profesionais sanitarios.

3. Verificar que os laboratorios farmacéuticos realizan os controis esixidos.

4. Accións inspectoras que desencadeen suspensión ou revogación das autorizacións.

5. Programas de control de calidade dos medicamentos.

6. Información das reaccións adversas ós medicamentos.

7. Inspección en materia de ensaios clínicos.

8. Inspección de execución da lexislación de productos farmacéuticos.

9. Potestade sancionadora en materia de productos farmacéuticos.

10. Peche temporal de establecementos.

11. Realización de inspeccións de boas prácticas de laboratorios.

C) Bens, dereitos e obrigas do Estado que se traspasan

Non existen bens, dereitos e obrigacións obxecto de traspaso.

D) Persoal adscrito ós servicios e institucións que se traspasan.

Non existe persoal adscrito ás funcións que se traspasan.

E) Valoración definitiva das cargas financeiras dos servicios traspasados.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1996, corresponde ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia se eleva provisionalmente a 7 057 143 pesetas.

2. O financiamento, en pesetas de 1997, que corresponde ó custo efectivo anual é o que se recolle na relación número 1.

3. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 1 financiarase do seguinte xeito:

Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o custo total financiarase mediante a consolidación na sección 32 do orzamentos xerais do Estado, dos créditos relativos ós distintos compoñentes do dito custo, polos importes que se determinen, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio, a que se refire o parágrafo anterior, respecto do financiamento dos servicios transferidos serán obxecto de regularización no peche do exercicio económico, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes ante unha comisión de liquidación, que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

F) Documentación e expedientes dos servicios que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes dos servicios traspasados realizarase no prazo dun mes desde a publicación do real decreto polo que se aprobe este acordo.

G) Data de efectividade do traspaso.

O traspaso de funcións e servicios obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 30 de setembro de 1997.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid, 31 de xullo de 1997.

Os secretarios da comisión mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín.

Relación número 1

Valoración do custo efectivo dos servicios que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia

PartidaGastosPesetas 1997

Custo directo2.110.941
Custo indirecto974.730

26.01.411-A.160 Total capitulo I3.085.671

26.09.413-B.Gasto directo farmacia176.675
26.09.413-B.226.11Farmacovixilancia4.150.000
26.02.411-A.Gasto indirecto servicios periféricos114.098

Total capítulo 24.440.773

Total custo efectivo7.526.443

7290