Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 13 do PXOU de Vigo nos ámbitos de Cabral e Bembrive (expediente 4365/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 3 de xullo de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 13 do PXOU de Vigo nos ámbitos de Cabral e Bembrive, conforme a documentación presentada polo Grupo de Empresas Álvarez, S.A. e a entidade local menor de Bembrive e redactado polos arquitectos Rogelio Pérez Conde e Antonio de Cominges Carvallo.

Sométese á información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da xerencia municipal de urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 9 de setembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

7434