Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.636

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

ANUNCIO da convocatoria do concurso de obras de urbanización do parque empresarial de Begonte, polígono A.

Orzamento total: 71.694.784 ptas. (IVE incluído).

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría b; grupo A, subgrupo 2, categoría b; grupo E, subgrupo 1, categoría b.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto técnico e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur Lugo), sitas na praza de San Domingos, 6-5º, de 12 a 14 horas de luns a venres, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

As proposicións económicas e demais documentación esixida para concursar, conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas, en horario de 12 a 14 horas, nas oficinas de Xestur Lugo, ata o décimo quinto día natural, contado a partir do da publicación deste anuncio no DOG, ou o inmediato hábil seguinte se o décimo quinto día natural cadra en sábado, domingo ou festivo.

Non se admitirán ofertas por correo.

A apertura das proposicións económicas, en acto público, efectuarase na sala de xuntas de Xestur-Lugo, ás 14 horas do terceiro día hábil seguinte, contado desde o último fixado para a presentación das proposicións.

O presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Sellado e rubricado