Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 22 de agosto de 1997, acordou prestar aprobación inicial ó estudio de detalle para o desenvolvemeto urbanístico da área comprendida entre a rúa Ramón Cabanillas, 5-7 e o Paseo de Silgar, 48 da vila de Sanxexo, tramitado por instancia da entidade Tombano, S.A. segundo proxecto redactado polo arquitecto Carlos García Velasco.

Exponse o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren perxudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Ley 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, supéndense o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto de estudio.

Sanxenxo, 3 de setembro de 1997,

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

7099