Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1997 do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de construcción e decoración.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 1997 do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de construcción e decoración que tivo entrada nesta delegación provincial o día 1-8-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios del Comercio de Materiales de Construcción y Decoración e, da parte social por CC.OO. e UGT o día 6-5-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de agosto de 1997.

Carlos Martul Álvarez de Neyra

Delegado provincial Acctal. da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo provincial do comercio de materiais de construcción e decoración da Coruña.

Asistentes:

Pola parte social:

José Ramón Grela Castro (CC.OO).

Nieves Montes Patiño (UGT).

Pola parte empresarial:

Ángel López Martínez.

José Varela Varela.

Na Coruña, o 6 de maio de 1997, ás 17.30 horas, nos locais da parte empresarial reúnense as persoas á marxe relacionadas, integrantes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial do comercio de materiais de construcción e decoración da Coruña, co obxecto de proceder á elaboración das táboas salariais para o ano 1997.

Para tal efecto, as partes acordan:

Primeiro.-Aproba-las táboas salariais para 1997, que son as que figuran no anexo I a esta acta. A dita contía provén de aplicárlle-lo IPC previsto polo Goberno para 1997 ás táboas do ano 1996.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 18.30 horas do día indicado máis arriba.

Convenio colectivo provincial do comercio de materiais de construcción e decoración

Táboas salariais-1997

Categoría Salarios Cómputo

anual

Xefe de persoal118.5491.884.664

Xefe de vendas107.2901.715.775

Xefe de compras107.2901.715.775

Encargado xeral118.5491.884.664

Xefe de almacén107.2901.715.775

Xefe de sucursal107.2901.715.775

Xefe de grupo100.1811.609.137

Xefe de sección100.1811.609.137

Viaxante95.1331.533.418

Categoría Salarios Cómputo

anual

Dependente98.4811.583.636

Dependente maior98.4811.583.636

Axundante90.1171.458.177

Trab. contratados en Práct. e Form.72.5681.194.946

Xefe de Admón. de primeira118.5491.884.664

Xefe de Admón. de segunda107.2901.715.775

Xefe de sección100.1811.609.137

Contable, caixeiro, Taq. idiomas Estranx.100.1811.609.137

Oficial administración100.1811.609.137

Auxiliar administrativo91.8091.483.570

Aspirante ata 18 anos72.5681.194.946

Auxiliar de caixa de 16 anos72.5681.194.946

Auxiliar de caixa de 18 anos90.1171.458.177

Debuxante100.1811.609.137

Escaparatista105.3501.686.672

Rotulista e cortador98.4811.583.636

Profesionais de oficio de primeira98.4811.583.636

Profesionais de oficio de segunda95.1331.533.418

Axudante de cortador90.1171.458.177

Axundante de Ofic. mozo Esp. Telef.90.1171.458.177

Traballadores menores de 18 anos72.5681.194.946

Chofer camión98.4811.583.636

Vixilante e limpadora88.1501.428.674

Cobrador, conserxe e celador, Ord. Po.95.1331.533.418

Mozo dos recados maior de 18 anos88.4301.432.876

Mozo dos recados de 16 a 18 anos72.5681.194.946

Mozo, envasador, cosedor88.4301.432.876

Plus de transporte9.675

7339