Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento de actas previas á ocupación de predios afectados polo proxecto rede da Coruña.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de

xuño de 1997, foi aprobado o proxecto de execución e autorizada a instalación do proxecto rede da Coruña. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación, de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Os levantamentos terán lugar o vindeiro día 9 de outubro en Sada, e o 10 de outubro en Bergondo e Oleiros.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, significándose que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio Enagás, S.A., asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 5 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Relación de titulares descoñecidos

Termo municipal de Sada

AfecciónDat. cata.
Predio nºTitularSP (ML)OT (M2)Pol.-ParNaturezaDía/hora

C-SD-6 Descoñecido74 52025 30, 29 42Monte alto9-10/11
C-SD-10Descoñecido13 18525 38Monte baixo9-10/11
C-SD-28Descoñecido 4 3023 37T. labor9-10/11
C-SD-36Descoñecido 0 4023 259T. labor9-10/11
C-SD-72Descoñecido21 18518 145Monte baixo9-10/11

Termo municipal de Oleiros

AfecciónDat. cata.
Predio nºTitularSP (ML)OT (M2)Pol.-ParNaturezaDía/hora

C-OS-33Descoñecido26 17525 239Monte baixo10-10/11
C-OS-51Descoñecido24 19526 431Pradería10-10/11
C-OS-60Descoñecido44 47526 442T. labor10-10/11
C-OS-61Descoñecido24 20026 441T. labor10-10/11
C-OS-62Descoñecido55 38026 452T. labor10-10/11
C-OS-63Descoñecido 2 3026 453Monte alto10-10/11
C-OS-73Descoñecido138 860 26 471Pradería10-10/11
C-OS-74Descoñecido24 18026 474Monte alto10-10/11

7133