Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1997 pola que se anuncia a contratación de asistencias técnicas que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro.

Esta consellería resolveu convoca-la contratación, polo procedemento de concurso aberto e tramitación urxente, para a adxudicación dos contratos de asistencia técnica, a continuación relacionados, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro correspondentes ás actividades desenvolvidas por determiandas entidades da Comunidade Autónoma, durante o exercicio de 1996, así como de revisións de expedientes de subvencións.

a) Orzamentos de licitación e prazos de execución:

Entidade

Prazo

de

execución

Importe en

millóns

de ptas.

1. Instituto Galego da Vivenda e Solo45 días1,2

2. Instituto Galego de Medicina Técnica45 días1,5

3. Ente Público Portos de GaliciaDous meses1,7

4. Instituto Galego de ConsumoUn mes1

5. Instituto Lácteo Gandeiro45 días1,3

6. Fundación Centro de Transfusión de GaliciaUn mes1

7. Fundación Instituto Oftalmolóxico de GaliciaUn mes0,8

8. Fundación Hospital de VerínUn mes0,7

9. Hospital Xeral de GaliciaDous meses2

10. Hospital Xeral de VigoDous meses1,8

11. Hospital Nª Sª del Cristal PiñorUn mes0,8

12. Hospital Xeral de Calde LugoUn mes1

13. S. A. de Xestión do Xacobeo-93Un mes0,8

14. Gestenga, S.A.Un mes0,7

15. Sogama, S.A.Un mes0,8

16. Estación de Inverno Manzaneda, S.A.45 días1,3

17. Revisión Avais Igape, Ejercicio 199645 díass0,8

18. Revisión 1/96 Subvencións IndustriaDous meses2,6

19. Revisión 2/96 Subvencións AgriculturaDous meses2,6

20. Revisión 3/96 Subvencións Pesca (I)Dous meses2,6

21. Revisión 4/96 Subvencións Pesca (II)Dous meses2,5

22. Revisión 5/96 Subvencións Pesca (III)Dous meses2,6

23. Revisión 6/96 Subvencións Igape (I)Dous meses3,2

24. Revisión 7/96 Subvencións Igape (II)Dous meses2,5

25. Revisión 8/96 Subvencións Igape (III)Dous meses3,2

26. Revisión 9/96 Subvencións Igape (IV)Dous meses3,2

27. Revisión 10/96 Subvencións Igape (V)Dous meses2,5

28. Revisión 11/96 Subvencións FamiliaUn mes0,6

b) Fianza provisional: 2% sobre o orzamento fixado para cada contrato pola Administración.

c) Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán ó dispor dos interesados para a súa consulta, na Consellería de Economía e Facenda, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Subdirección Xeral de Control Financeiro, durante o prazo de presentación de proposicións de dez a catorce horas.

d) Prazo de presentación das proposicións: comenzará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte. No caso de que o último día

do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

e) Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Consellería de Economía e Facenda, edificio administrativo nº 3, San Caetano, Santiago de Compostela. Os sábados só poderán presentarse no rexistro xeral, Consellería de Presidencia e Administración Pública, edificio nº 1, San Caetano, Santiago de Compostela.

f) Documentación que deben presenta-los licitadores: tanto a documentación acreditativa para contratar coa Administración coma as referencias técnicas e o detalle co que debe(n) presenta-la(s) proposición(s) determínase no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) A mesa de contratación procederá á apertura das proposicións, en acto público, ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes nas dependencias das Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano, (Santiago de Compostela), ás 11 horas do quinto día seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas.

h) O importe do presente anuncio será por conta dos respectivos adxudicatarios en proporción ós orzamentos de licitación dos traballos que lles sexan adxudicados.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1997.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

7143