Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/110-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Povisa.

Domicilio social: rúa Salamanca, 5, 36211 Vigo.

Denominación: central coxeración na rúa Salamanca, 5.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: central de coxeración de 1.110 KW, xunto co equipo auxiliar de regulación, protección, medida, acoplamento, etc. caldeira auxiliar de recuperación de calor, con capacidade de producción de vapor de 1.000 kG/H. Reacondicionamento de dous depósitos de 25.000 litros combustible.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 8 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7054