Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.596

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (311/1996).

Eu, José Miguel Formoso Sobrado, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, fago saber que no xuízo executivo número 311/1996, promovido por Renault Financiaciones, S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes, contra Holandina E. Ces Pérez, Santiago Rial Vázquez, José Mª Ces Lorenzo e Mª Mercedes Pérez Maneiro, en reclamación de 1.449.222 pesetas, acordei por providencia desta data, citar de remate a dita parte demandada, Holandina E.

Ces Pérez e Santiago Rial Vázquez co domicilio actual descoñecido, para que no termo de nove días compareza nos autos representado por procurador e asistido de letrado, e que se opoña se lle conviñer, practicado o embargo dos seus bens sen precio requirimento de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro. De non comparecer, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

Dado en Padrón o un de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7105