Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.596

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (183/1995).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse, co número 183/1995, autos de xuízo de cognición, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Pastor Servicios Financieros, Entidad de Financiación, S.A., representada polo procurador García Píccoli-Atanes, contra Carmen Prado González e Domingo Pires Nestal, que tiveron o seu domicilio en Valmojado, nº 91-3 Ctro. Madrid e actualmente en paradoiro descoñecido para a parte demandante. Nos ditos autos acordouse empraza-los ditos demandados, por medio de edictos, e por medio da presente cédula son emprazados os referidos máis arriba, co fin de que dentro do termo de nove días comparezan nos autos, valéndose dun letrado en exercicio, baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía e recaeren sobre eles os demais prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

Dada en Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

7377