Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.596

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (185/1996).

Eu, José Miguel Formoso Sobrado, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, fago saber que no xuízo executivo número 185/1996, promovido por Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes, contra Mª Luisa Bondad Seoane, Manuela Bondad Seoane e herdanza xacente e herdeiros de Manuela Bondad Seoane, en reclamación de 2.221.435 pesetas, acordei por providencia desta data, citar de remate a dita parte demandada, herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Manuela Bondad Seoane con domicilio actual que se descoñece, para que no termo de nove días compareza nos autos representado por procurador e asistido de letrado, e que se opoña se lle conviñer, practicado xa o embargo dos seus bens sen previo requirimento de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro. De non comparecer, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

Dado en Padrón o un de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7104