Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.595

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

EDICTO (892/1996).

Francisco Javier Romero Costas, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos de Vigo e o seu partido, fai saber que neste xulgado e co número 892 de 1996, tramítase expediente de suspensión de pagamentos da entidade Sanibron, S.A. dedicada á construcción de toda clase de obras, tanto públicas como privadas, con domicilio social nesta cidade, rúa Dr. Cadaval, nº 21-4º, oficina nº 20, representada polo procurador Alfonso Moure Moure, e no que se dictou auto no día de hoxe no que se aproba o convenio votado favorablemente polos acredores, consistente no pagamento do setenta por cento dos créditos no prazo de cinco anos, sen devengo de ningun xuro, do seguinte xeito: o primeiro

ano, o 5%; o segundo ano, o 10% o terceiro ano, o 15%; o cuarto ano, o 30%; e o quinto ano, o 40%, os días 30 de setembro de 1998, 1999, 2000, 2001 e 2002; e se fosen festivos, ó inmediato día seguinte, na conta bancaria ou caixa de aforros que os acredores sinales, quedando facultada a suspensa para adiantar todo ou parte, en cada unha das anualidades a tódolos acredores, sen ningunha excepción; e acordouse o cesamento da intervención xudicial dos negocios da mencionada suspensa e, polo tanto, dos interventores.

Dado en Vigo o trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7103