Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se corrixen erros na do 28 de xullo de 1997 que anunciaba o concurso público 8/1997, publicado no DOG número 162 do 25 de agosto seguinte, para a contratación do servicio de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos no edificio do Hospital Provincial de Pontevedra.

Advertido erro nos textos en galego e castelán da devandita resolución, remitidos para a súa publicación no DOG número 162, do 25 de agosto de 1997,

DISPOÑO:

1. Na páxina 8.158, na fianza provisional esixida, onde di: «Non se esixe», debe dicir «100.000 ptas. (cen mil pesetas)».

2. Modificación do plazo de presentación de proposicións.

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixesimosexto día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

3. Apertura de proposicións.

Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do undecimo día natural contados desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentacion de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Pontevedra, 12 de setembro de 1997.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial de Pontevedra Psiquiátrico-Rebullón

7319