Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso procedemento aberto, para a contratación de subministración de material informático para este instituto.

Obxecto: subministración de material informático con destino ó Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Orzamento: vinteún millóns cincocentas dezanove mil catrocentas pesetas (21.519.400 ptas), IVE incluído.

Prazo de execución: quince (15) días.

Garantía provisional: catrocentas trinta mil trescentas oitenta e oito pesetas (430.388 ptas).

Garantía definitiva: oitocentas sesenta mil setecentas setenta e seis pesetas (860.776 ptas).

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán á disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do ILGGA (rúa dos Irmandiños, s/n-Salgueiriños, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de propostas admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de reunións do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (planta baixa do edificio da secretaría, en Salgueiriños) ás once (11) horas do segundo día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación

de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Presidente do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

7247