Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1997, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza en diversos centros de saúde dependentes desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo. (C.P. 4/1997).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita.

Obxecto.

Centro de Saúde de Vilalba: 3.000 m.

Centro de Foz (Casa do Mar, locais de asistencia sanitaria): 360 m.

Centro de Burela (Casa do Mar, locais de asistencia sanitaria): 1.200 m.

Centro de San Cibrao (Casa do Mar, locais de asistencia sanitaria): 185 m.

De acordo co contido do prego de prescricións técnicas e normas complementarias. C.P. 4/1997.

Orzamento: máximo autorizado de dez millóns cincocentas mil pesetas (10.500.000 ptas.), IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: o comprendido entre as sinaturas do contrato, desde a adxudicación e o 31-12-1997.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza do Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono (982) 29 62 29 e 29 62 19; fax (982) 24 24 16; tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Fianzas: o equivalente ó 2% do orzamento que se licita.

Un total de 210.000 ptas.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse polos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

Prezo: ata 17 puntos.

Medios materiais e medidas de seguridade: ata 6 puntos.

Metodoloxía, acreditación e aseguramento da calidade: ata 5 puntos.

Formación do persoal: ata 2 puntos.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos, conforme o artigo 38.4º, apartado c) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigo 205 do Regulamento de correos aprobado por Decreto 1563/1964, do 14 de maio, modificado no seu apartado 3 do Decreto 2655/1985, do 27 de decembro, e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax (982) 24 24 16, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura das proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 16 de setembro de 1997.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director gerente de Atención Primaria

7320