Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.565

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (612/1996).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de menor contía número 612/1996, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela a quince de xullo de mil novecentos noventa e sete. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 612/1996, por instancia de María Calvelo Novio e Manuel Antelo Lan

deira, representados polo procurador Calviño Gómez, asistido do letrado García Amigo, contra Dorinda Calvelo Novio, representada polo procurador Reymóndez Portela, asistido do letrado Pueyo Novo, e contra Félix Esquete Ucero e herdeiros de Filomena Calvelo Novio, declarados en rebeldía procesual.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta polo procurador Calviño Gómez en nome e representación de María Calvelo Novio e Manuel Antelo Landeira, contra Dorinda Calvelo Novio, representada polo procurador Reymóndez Portela e contra Félix Esquete Ucero e herdeiros de Filomena Calvelo Novio, en rebeldía procesual, e absólvoos dos pedimentos desta.

Non se fai condena no tocante ás custas procesuais.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, herdeiros de Filomena Calvelo Novio, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

7085