Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.566

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (23/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fai mención se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. No xuízo de faltas número 23/1997, dimanante do procedemento seguido por ameazas, no que foron parte: policía nacional con carné profesional número 23.000, policía nacional con carné profesional número 44.792, ambos denunciantes, Adrián Bernárdez Iñarrea, denunciado, con paradoiro descoñecido.

Resolvo que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións o denunciado Adrián Bernárdez Iñarrea, declarando de oficio as custas nesta alzada.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría á disposición das partes».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Adrián Bernárdez Iñarrea.

Expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o dous de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7039