Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (144/1992).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria con data do 11 de xullo de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente tódalas alegacións presentadas á aprobación inicial do proxecto, conforme os informes técnicos que constan no expediente, dos que se lles dará traslado ós interesados para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación da unidade de actuación 2 do SU-21 do PXOU por pedimento de Antonio Rodríguez Campos e outros, con elección do sistema de compensación para a súa execución.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo perante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que asi o considera conveniente.

Este anuncuio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de xullo de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

7006