Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRAZO

ANUNCIO.

En cumprimento do establecido na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, sobre elección e nomeamento do xuíz de paz e substituto, e co fin de prove-lo pertinente neste concello, ábrese a seguinte convocatoria:

1. Obxecto: a presentación de solicitudes perante o alcalde-presidente deste concello, por parte de

quen desexe exerce-lo cargo de xuíz de paz ou substituto.

2. Prazo de presentación: quince días hábiles a partir da última publicación no BOP ou DOG.

3. Condicións legais dos solicitantes:

a) Ser español e maior de idade.

b) Estar capacitado física e psiquicamente para a función xudicial.

c) Non estar cumprindo condena por delicto doloso.

d) Non estar suxeito a proceso pola mesma clase de delicto.

e) Posuí-lo pleno exercicio dos seus dereitos civís.

4. Xuntaranse á solicitude os documentos seguintes:

-Certificación de nacemento en fotocopia compulsada do DNI.

-Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria de conducta cidadá.

-Xustificación de méritos (de alegalos o solicitante).

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Trazo, 26 de agosto de 1997.

Jesús Dubra Rama

Alcalde