Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG 270-271).

Por decretos desta alcaldía nº 3813 e 3814/1997, con data do 18 de agosto de 1997, acordouse aprobar inicialmente o plan especial de reforma interior do Valiño, en Nós (Oleiros), e o plan especial de reforma interior de Canide, en Maianca (Oleiros). Acordouse así mesmo proceder á exposición pública dos expedientes polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo os expedientes quedarán á disposición de todo aquel que queira examinalos, podéndose face-las alegacións pertinentes. Os mesmos poderanse examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables.

Oleiros, 19 de agosto de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

7013