Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 29 de xullo de 1997, adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar, con carácter definitivo, o estudio de detalle da U.A. nº 10 delimitado no PXOU deste municipio, promovido pola Sociedade Epaat, S.L., e redactado polo arquitecto Santiago Torres Prada, que ten por obxecto axusta-las aliñacións previstas no plan xeral e ordena-la disposición dos volumes de acordo coas especificacións do planeamento.

2. Aprobar, con carácter definitivo, a adopción do sistema de compensación para o desenvolvemento da unidade, solicitado pola Sociedade Epaat, S.L. como propietaria de máis do 50% da superficie do ámbito.

Os anteriores acordos poñen fin á vía administrativa e poden ser obxecto de impugnación perante a xurisdicción contencioso-administrativa nos prazos e forma previstos na súa lei reguladora.

Culleredo, 26 de agosto de 1997.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

6974