Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

No Diario Oficial de Galicia do día 30 de xullo de 1997, publicouse anuncio deste concello polo que se anunciaba a exposición ó público do estudio de detalle aprobado inicialmente referido á unidade de actuación número 44, (UA-44) da Penouqueira, sinalando un período de 20 días contados a partir do seguinte ó da aparición do anuncio no Diario Oficial de Galicia, cando o período legalmente establecido e acordado pola Comisión de Goberno municipal era dun mes.

En consecuencia, procédese a unha nova inserción do seguinte anuncio:

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 26 de maio de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de actuación (UA-44) A Penouqueira das vixentes normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, e redactado polo arquitecto Jacobo R. Losada Allende, para establece-las aliñacións e rasantes das novas edificacións, á vez que ordena os volumes, queda sometido a información pública polo prazo que se cerrará transcorrido un mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do anuncio de emenda do prazo da exposición pública de referencia no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Arteixo, 20 de agosto de 1997.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

6972