Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARANGA

ANUNCIO.

O Concello en Pleno, en sesión plenaria celebrada o día 17 de setembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de Montesalgueiro, instado por Santiago 2000, S.L., así como a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

O que se fai público para a súa efectividade, en cumprimento do establecido no artigo 141.4º do Regulamento urbanístico e no artigo 48 da Lei do solo de Galicia, facéndose constar que contra o dito acordo, que pon fin a vía daministrativa, procede interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de poder interporse calquera outro recurso que se considere pertinente.

Aranga, 18 de setembro de 1997.

José Mosquera Maceiras

Alcalde-presidente

6950