Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 1 de agosto de 1997 pola que se lle notifica o laudo da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia do 22 de maio de 1997 á empresa Mudanzas Fernández, por ser devolto polo servicio de correos por resultar ausente o seu destinatario.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula ponse en coñecemento da empresa Mudanzas Fernandez o laudo arbitral dictado, o día 22 de maio de 1997, polo Colexio Arbitral nomeado para resolve-la reclamación formulada por Alberto Parga García contra a devandita empresa.

Empresa: Mudanzas Fernández.

Enderezo: Vilar de Calo, 41 Teo (A Coruña).

Reclamante: Alberto Parga García.

Laudo:

«O Colexio Arbitral entrando no estudio da solicitude de arbitraxe e segundo o seu leal saber e entender pronunciou o seguinte laudo:

Estímase a reclamación formulada por Alberto Parga García debendo aboa-la empresa reclamada a cantidade de 65.000 pesetas, valor estimado da reparación dos danos causados.

O dito laudo foi adoptado por maioría co voto discrepante do representante das organizacións empresariais.

O prazo para o cumprimento deste laudo é de 15 días a partir da súa notificación.

Notifíqueselles ás partes o presente laudo, facéndolles saber que ten carácter vinculante e executivo e que é eficaz desde o día da súa notificación, así como que contra este cabe o recurso de anulación de acordo co previsto no artigo 45 e seguintes da Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe».

Dentro dos cinco días seguintes á notificación poderá pedir ó Colexio Arbitral que corrixa calquera erro de cálculo, de copia, tipográfico ou similar ou que aclaren algún concepto escuro ou omisión do laudo.

A Coruña, 1 de agosto de 1997.

Carlos Rodríguez Montero

Secretario do Colexio Arbitral

7272