Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 11/1997, polo trámite urxente e procedemento aberto, para a adquisición de diversos equipos médicos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: contratación de adquisición diversos equipos médicos.

Orzamento: 22.700.000 ptas. (vintedous millóns setecentas mil pesetas). Este orzamento divídese en lotes independentes:

Lote 1. Equipo video-endoscopia dixestiva.

Orzamento: 8.000.000 de ptas. (oito millóns de pesetas).

Lote 2. Incubadora de transporte neonatal.

Orzamento: 2.200.000 ptas. (dous millóns duascentas mil pesetas).

Lote 3. Laser argón.

Orzamento: 8.000.000 de ptas. (oito millóns de pesetas).

Lote 4. Procesador automático de tecidos de baleiro.

Orzamento: 4.500.000 ptas. (catro millóns cincocentas mil pesetas.

Prazo de execución: a entrega das subministracións efectuarase por parte do empresario antes dun mes, contado a partir da adxudicación do concurso.

Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público, trámite urxente nº 11/97.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Fianza provisional: a contía da fianza provisional (por valor do 2% do orzamento total do contrato) é de: catrocentas cincuenta e catro mil pesetas (454.000 ptas.), quedando desagregada por lotes:

Lote 1. 160.000 ptas. (cento sesenta mil pesetas).

Lote 2. 44.000 ptas. (corenta e catro mil pesetas).

Lote 3. 160.000 ptas. (cento sesenta mil pesetas).

Lote 4. 90.000 ptas. (noventa mil pesetas).

Clasificación esixida: non se exixe.

Criterios de adxudicación:

Nº ordeCriterio de adxudicaciónPonderación

1Prezo ofertado40%

2Calidade materiais40%

3Prazo entrega20%

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno. (986) 86 23 63 e fax (986) 84 79 41).

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial Rebullón ás 10 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Pontevedra, 2 de setembro de 1997.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial-Rebullón de Pontevedra

7018