Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de espacios naturais dos expedientes sancionadores C-17/1996 e C-21/1996 (E.N.-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase o seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso licito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 3 de setembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: C-17/1996.

Denunciado: Álvaro Pena Souto.

Último domicilio coñecido: r/ Pena, 2, Cela. Bueu.

Feito denunciado: cazar xunto con outras dúas persoas frinxílidos utilizando unha rede de canón de 8 m e reclamos, o día 9 de novembro de 1996, no termo municipal de Cangas.

Precepto infrinxido: 38.13 da Lei 4/1989, de conservación dos espación naturais e da flora e fauna silvestre en relación co artigo 4 e anexo III do Real decreto 1095/1969.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre en relación co Real decreto 1895/1989.

Sanción: 20.000 ptas.

-Expediente: C-21/1996.

Denunciado: José María Besada Rosales.

Último domicilio coñecido: Casas, 11, Ardán. Marín.

Feito denunciado: practica-lo deporte cinexético da caza con procedementos prohibidos para a captura de animais, empregando reclamos de especies vivas, (paxaros cantores), así como redes, o día 8 de decembro de 1996, no termo municipal do Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre en relación co Real decreto 1095/1989.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 20.000 ptas.

7113