Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores C-213/1996 e C-288/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase o seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemni

zación dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 3 de setembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: C-213/1996.

Denunciado: Constantino Domínguez Domínguez.

Último domicilio coñecido: A Graña, 19, Belesar. Baiona.

Feito denunciado: cazar con cans, sen arma de fogo, carecendo da regulamentaria licencia de caza, o día 28 de novembro de 1996, no termo municipal de Baiona.

Precepto sancionador: artigo 48.2.1 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 3.000 ptas.

-Expediente: C-288/1996.

Denunciado: Edelmiro Tourís Rodríguez.

Último domicilio coñecido: Corbillón, s/n, Cambados.

Feito denunciado: cazar con escopeta e dous cans dentro do couto (PO-10.124), carecendo do seguro obrigatorio, o día 26 de decembro de 1996, no termo municipal Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: artigo 48.3.43 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 500 ptas.

6830