Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de sobresemento dos expedientes sancionadores C-26/1997 e C-27/1997 (caza-Pontevedra).

De coformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións de sobresemento dos ditos expedientes.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Pontevedra, 3 de setembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: C-26/1997.

Denunciado: Ramiro González Cid.

Último domicilio coñecido: Carballal, 31, Bembrive. Vigo.

-Expediente: C-27/1997.

Denunciado: Ernesto Alonso Pérez.

Último domicilio coñecido: estrada de Bembrive, 318, Bembrive. Vigo.

7112