Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Ribela.
Situación: concello da Estrada.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 286 m de lonxitude, con conductor tipo LA 56 sobre apoios de formigón, desde o apoio s/n da L.M.T. Marcenlos-Liripio, rematando no C.T. que se proxecta de Ribela, concello da Estrada. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T., aérea, de 43 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 18 de agosto de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6877