Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/191-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. Ponte do Valo.

Situación: concello do Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde o apoio N.2-1 formado por dous postes da L13.25 Atios-Frigolouro, alimentando en bucle ó C.T. proxectado, rematando na L.M.T. subterránea existente que vai ós CC.TT. central, telefónica e outros, concello do Porriño. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6876