Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/193-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. calle D.

Situación: concello de Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 310 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde a L33.01 Lalín II entre os CC.TT. Areal e rúa E alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na rúa D, rematando na L33.01 Lalín II, concello de Lalín. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6864