Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data 28 de agosto de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de José Costa Prieto, en representación de Construcciones Cospri, S.L., o proxecto de urbanización da zona 10 A do SU 29 do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía por importe de corenta millóns trescentas mil pesetas (40.300.000 ptas.) para ase

gura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 8 de setembro de 1997.

Jorge Bermello Fernández

Alcalde en funcións

6993