Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (133/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 31 de xullo de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Ourense en Montealegre, zona 12 do SU-20 e zona 6 do SU-26, por pedimento do Concello de Ourense.

O dito expediente atópase no departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello, na Praza Maior nº 1, para que en conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, se someta á exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Ourense, 3 de setembro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

7102