Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

APROBACIÓN inicial do estudio de detalle de aliñacións no cuarteirón sito entre as rúas Conde Vallellano, Aldara, Carreira e Xaquín Losada.

Mediante resolución da Alcaldía, con data do 2 de setembro de 1997, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle da aliñacións do cuarteirón situado entre as rúas Conde de Vallellano, Aldara, Xaquín Losada e Carreira.

Sométese a información pública polo período dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, un xornal dos de maior circulación da provincia, e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase nas dependencias de urbanismo do concello, á disposición do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da LRXEPAC para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, no poidan ser notificados persoalmente.

O Carballiño, 2 de setembro de 1997.

Manuel Vázquez Fernández

Alcalde-presidente

6945