Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se mencionan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencias segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Adquisición dun simulador para imparti-lo curso de operador xeral e restrinxido do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima-GMDSS:

Adxudicatario: Sainsel Sistemas Navales, S.A.

Importe: 23.488.500 ptas.

-Subministración de cámaras frigoríficas con destino ó porto pesqueiro de Porto do Son.

Adxudicatario: Cofrico, S.L.

Importe: 7.972.000 ptas.

-Subministración de equipamento con destino ó porto pesqueiro de Sada.

Adxudicatario:

Lote nº 1: Industrias Electromec. G.H., S.A.

Lote nº 2: Teaxul, S.A.

Lote nº 3: Juan García Insua e Outro, C.B.

Importe:

Lote nº 1: 2.356.000 ptas.

Lote nº 2: 5.025.000 ptas.

Lote nº 3: 1.016.000 ptas.

En cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, modificada polas leis 10/1973, do 17 de marzo e 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Víctor M. Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

7041