Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 28 de agosto de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificación de proposta de resolución en expedientes sancionadores (C-0002/97 e C-1248/97).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, proposta de resolución en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña (Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5ª planta-A Coruña), e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-0002/97.

Denunciado: Francisco Gabriel Montouto Guillén.

Domicilio: Barcelona, 91-5º D, A Coruña.

Nº de expediente: C-1248/97.

Denunciado: Antonio Borrazás Bahamonde.

Domicilio: Agra de San Amaro, 5, A Coruña.

A Coruña, 28 de agosto de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

7244