Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Téc
nico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: O.T. número 1.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal D, cuadrícula 22.
Data da concesión: 23-10-1969.
Data de finalización da última prórroga: 13-11-1999.
Anterior concesionario: Manuela Ojea Triñanes e José Viturro Romero.
Novo titular da concesión e batea: Marcos Luis Viturro Ojea.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 1 de setembro de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado Territorial da Coruña
7045