Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1997 pola que se anuncian, polo sistema de concurso procedemento aberto e polo trámite de urxencia, as contratacións das obras seguintes: proxecto básico e de execución de rehabilitación de edificio para centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade en Redondela (Pontevedra); proxecto básico e de execución para a rehabilitación do lugar de Santa María de Moreda (fase II) Moreda -Taboada (Lugo); e ordenación da praza e melloras na igrexa vella de Xinzo de Limia (Ourense).

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de

concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, as contratacións seguintes obras:

-Proxecto básico e de execución para a rehabilitación de edificio para centro sociocultural, xuvenil e da 3ª idade en Redondela (Pontevedra).

-Orzamento de licitación: cento cincuenta millóns cincocentas vinteunha mil oitocentas vinteoito pesetas (150.521.828 ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

-Proxecto básico e de execución para a rehabilitación do lugar de Santa María de Moreda (fase II) Moreda -Taboada (Lugo).

-Orzamento de licitación: cinco millóns seiscentas setenta e nove mil duascentas sesenta e oito pesetas (5.679.268 ptas.). IVE incluído.

-Prazo de execución: dous (2)meses.

-Clasificación esixida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Ordenación da praza e melloras na igrexa vella de Xinzo de Limia (Ourense).

-Orzamento de licitación: doce millóns catrocentas sesenta e nove mil novecentas cinco pesetas (12.469.905 ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: dous (2) meses.

-Clasificación esixida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Nestas obras non se esixe fianza provisional.

-Exposicións da documentación: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que opten a máis dunha obra deberán presentar toda a documentación para cada unha delas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

7044