Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das asistencias técnicas de estudio de valoración do estado sanitario das poboacións cinexéticas en liberdade e en explotacións industriais (07190) e outra máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación das asistencias técnicas que figuran na relación anexa, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para elas. O orzamento e prazo de execución serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de claúsulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 20 de outubro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 24 de outubro de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1.Estudio e valoración do estado sanitario das poboacións cinexéticas en liberdade e en explotacións industriais. Aplicacións na xestión dos recursos cinexéticos (07190).

Orzamento: 4.500.000 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

2. Estudio da aplicación do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais nos centros de piscicultura (07185).

Orzamento: 4.500.000 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

97-7338