Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Yo número 1.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal H, cuadrícula 117.
Data da concesión: 5-11-1976.
Data de finalización da última prórroga: 3-12-2006.
Anterior concesionario: Francisca Triñanes Silva e Luís Antonio Triñanes Triñanes.
Novo titular da concesión e batea: José Guillermo Outeiral Pérez.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 28 de agosto de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado Territorial da Coruña
7052