Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia o concurso público plurianual 2M/1997 para a realización do servicio de mantemento de tac helicoidal e sistema láser de placas radiolóxicas.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público plurianual 2M/1997 para a realización do servicio de mantemento de tac helicoidal e sistema láser de placas radiolóxicas.

1. Entidade adxudicadora.

Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número de expediente: C.P. 2M/1997.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: realización do servicio de mantemento de tac helicoidal e sistema de revelado láser de placas radiolóxicas.

b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade do servicio ou a un ou máis lotes por separado.

Lote 1: tac helicoidal.

Lote 2: sistema revelado láser de placas radiolóxicas.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso plurianual.

4. Orzamento base de licitación.

16.388.865 pesetas.

5. Garantías.

Provisional, do 2% do orzamento de licitación ou de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos concursantes para o seu exame tódolos días laborables, agás os sábados, das 9 ás 15 horas, no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono (981) 33 40 32. Fax (981) 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

A clasificación requirida ó contratista será: grupo III, subgrupo 7, categoría B.

A solvencia económica e financeira acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

A solvencia técnica deberase xustificar de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

Realizarase en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de remate do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes ó da indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 29 de agosto de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

7163