Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación do arrendamento de ordenadores persoais e impresoras (contratos plurianuais). (C.P. 129/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, planta terceira de Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73. Telefax (981) 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número da referencia da CPA (clasi

ficación estatística dos productos por actividades): arrendamento de ordenadores persoais e impresoras.

Orzamento total: 120.000.000 de ptas. (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 1 lote:

Lote 1: ordenadores persoais (250. Impresoras láser dúplex (100).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación seguindo a orde definida polo Servicio de Informática do complexo hospitalario. Os equipos enviaranse desde as instalacións do adxudicatario ata a instalación definitiva, non sendo posible o seu depósito no complexo hospitalario ata ese momento.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 30 de outubro.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: 6 novembro de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, planta baixa do Hospital Juan Canalejo. Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, planta baixa da Escola Universitaria de Enfermaría (anexa ó Hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. As 10 horas do día 17 de novembro de 1997.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a texto que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:

Descrición concepto% de ponderaciónPuntuación

Oferta económica300-10

Oferta técnica500-10

Condicións de asistencia técnica200-10

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:

17. Data de envío do anuncio: 15 setembro de 1997.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 10 de setembro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña

7212