Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipamentos de ensaio de madeira e derivados para o laboratorio do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) do Igape en Ourense.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

da subministración e instalación de equipamentos de ensaio de madeira e derivados para o laboratorio do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) do Igape en Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, teléfono: (981) 54 11 01, fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: C.P. nº 17/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Subministración e instalación de equipamentos de ensaio de madeira e derivados para o laboratorio

do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) do Igape en San Cibrao das Viñas en Ourense. O concurso preséntase desagregado en elementos, prevéndose a adxudicación por elementos do obxecto do concurso.

b) Elementos que se teñen que entregar: os indicados no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: a entrega efectuarase nos centros de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) no Parque Tecnolóxico de Galicia, sito en San Cibrao das Viñas (Ourense).

d) Prazo máximo de entrega: 45 días naturais contados desde o seguinte ó da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

28.820.400 pesetas (vinteoito millóns oitocentas vinte mil catrocentas pesetas), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento global máximo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 (A Coruña).

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou día inhábil o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que deberán presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

6944