Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 31 de xullo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 345 de clasificación do monte Deira e Pedroso, pertencente ó lugar de Brión, parroquia de Boiro, concello de Boiro.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 345 de

clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Deira e Pedroso.

Comunidade: lugar de Brión.

Parroquia: Boiro.

Concello: Boiro.

Superficie: 55,00 Ha.

Lindeiros:

É parte da parcela II do monte Deira e Pedroso, nº 148 do CUP.

Norte: propiedades particulares de veciños de Reboredo e Vilariño, do piquete nº 535 ó 553 do deslindamento, seguindo a orde de piquetes.

Leste: propiedades particulares de veciños de Trebonzos, do piquete nº 553 ó 276, e deste ó 289 seguindo a orde de piquetes. Monte veciñal de Abanqueiro, do piquete 289 ó 349, seguindo o lindeiro do dito monte. Propiedades particulares de veciños de Abanqueiro, do piquete 349 ó 368 seguindo a orde de piquetes.

Sur: propiedades particulares de veciños de Abanqueiro e Vista Alegre, do piquete 368 ó 419 seguindo a orde de piquetes.

Oeste: propiedades particulares de veciños de Vista Alegre, Brión, Boiro e Vilariño, do piquete 419 ó 535, seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 31 de xullo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, presentando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 31 de xullo de 1997.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor

6725