Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 31 de xullo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 346 de clasificación do monte de Seaxe, pertencente ó lugar de Seaxe, parroquia de Sorribas, concello de Rois.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 346 de

clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: de Seaxe.

Comunidade: lugar de Seaxe.

Parroquia: Sorribas.

Concello: Rois.

Superficie: 22,00 Ha.

Lindeiros:

Situado ó SE de Seaxe. É o monte Campo de Seaxe, nº 286 do C.U.P.

Norte: camiño público. Leste: predios particulares da Meana, e en parte, co camiño que vai da Peroxa a Seaxe.

Sur: en parte co camiño que vai do Cruceiro a Cornes, e en parte con predios particulares da Peroxa. Oeste: predios particulares de Seaxe.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 31 de xullo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, presentando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 31 de xullo de 1997.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Andrés López-Suevos Fernández

Instructor

7002